Poema ó meu amor

Puro anceio de gracia meu amor.
Cunca de luz eu mesmo son.
Agora a miña libertade
é un estar pecho no teu lume,
con presencia de amor, a latexar.
Viñeche a min, amiga,
como un deslumbramento.
Douche de corazón todo o que teño:
unha paisaxe incerta i unha brétema.
¡Quédate en min, amada, etermanmente
i ollarás florecer en ti miña roseira!

 

Advertisements