Invocación a Castelao

Home cabal,
concencia comunal,
forte penedo
contra a noite i o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea a patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!

Advertisements