O pobo é invencible

O pobo é invencible.
O pobo é o eterno:
unha marea cambiante
e sempre igual;
un outo mar
que canta, chora,
cala, berra
i enfurécese.
É inútil loitar
contra o pobo.
E inútil querer
asoballalo: sempre
rexurde renovado,
limpo, virxe, inocente
e incontible.
A súa forza é inesgotable.
Pasan os tiranos
i o pobo sigue en pé,
ergue a súa testa,
eternamente
xoven e fermosa
pese a que
a quixeron afogar
en océanos de sangue.
O pobo sempre percura
de novo, por instinto,
os camiños que o levan
cara a súa inalienable
e definitiva libertade.

Advertisements