Canción pra cantar todos os días

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, aviós i a puñetazos.

Hai que ser duros, peleós, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castrós e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos deleigados
que desexan matala i enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desprumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa anosa fe.

Advertisements